Cuantización#
Os obxectos pódense cuantizar a posicións específicas mediante as accións Cuantizar e Cuantizar Rápido.

Cuantizar#
Facendo clic no botón Cuantizar abrirá unha ventá emerxente que che permitirá especificar os axustes de cuantización da selección.

- Cuantizar a
Selecciona a duración da nota e o tipo ao que cuantizar.
- Axustar
Selecciona se queres cuantizar as posicións de inicio, as finais (en obxectos con duración), ou ámbalas dúas.
- Cantidade
Selecciona a cantidade pola que cuantizar. 100% cuantizará ás opcións especificadas por completo, mentres que o 0% non aplicará cuantización.
- Swing
Selecciona a cantidade de swing.
- Aleatorización
Isto fará aleatorias as posicións resultantes segundo a cantidade de ticks indicados, e é útil para engadir un «toque humano» aos eventos cuantizados.
Facendo clic en Cuantizar executará a cuantización e gardará a configuración para a cuantización rápida con Cuantizar Rápido.
Cuantizar Rápido#
Executará a cuantización baseándose na última configuración aplicada.